Fotos Enduro Btt Concello de Gondomar 2015

June 29, 2015  •  Dejar un comentario

 

  Enduro btt Gondomar 2015 _MG_1047 Dorsal110Enduro btt Gondomar 2015 _MG_1047 Dorsal110

  Voltamos un ano máis a Gondomar a facer fotos do Enduro Btt Concello de Gondomar. A excelente organización de Bici Verde que ten unha experiencia de moitos anos na realización de eventos de btt, xunto coa cronometraxe da empresa Magma Sports & Timing, deu como resultado o éxito total da proba. Coa participación de máis de 170 "endureiros" vese que ano a ano vai medrando o número de participantes, polo que seguro se converterá nun clásico do calendario. En canto os tramos, foron 5: Tc1 (Anca), Tc2 (Bici o Con), Tc3 (Xtrembike), Tc4 (BiciTour) e Tc5 (Máis que bici). Destacar os cambios e o esforzo por facer melloras nos percorridos, e así acadar maior lonxitude e diversión nos tramos. E novamente o tramo semiurbano Tc5 se enchía de numeroso público para ver a proba, a cal remataba no medio da Vila de Gondomar despois de baixar as escaleiras da Igrexa de San Benito, 

Iremos subindo as fotos durante estes días... Xa os avisaremos en canto estén todas na web.

Para ver as fotos do Enduro facer clic EIQUÍ, ou na mesma foto desta publicación.

Un saúdo,

 ollowerk


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...