Fotos Vigo Bike Contest (Enduro) 2015

March 20, 2015  •  Dejar un comentario

Vigo Bike Contest 2015 0202 Dorsal1Vigo Bike Contest 2015 0202 Dorsal1Foto de Nando Bares, publicada no Faro de Vigo.

   Este fin de semán pasado celebrouse a proba de Enduro Vigo Bike Contest 2015. E por unha vez, a metoroloxía acompañou cun día soleado aínda que algo frío, sobre todo a primeiras horas da mañán. Esta competición consta de 5 tramos cronometrados cos seus respectivos enlaces. A empresa de cronometraxe non pode ser outra que non sexa Magma Sports & Timing, que leva sendo a encargada de tomar os tempos dos participantes nos 5 tramos, dende que se comezou a disputar esta proba xa fai uns anos. A numerosa participación, mais de 200, tiveron que percorrrer 30kms en total, entre os tramos (5) e os enlaces, e case toda a proba transcurre polos montes de Coruxo e arredores. Entre os participantes, temos xente moi destacada dentro de esta disciplina de ciclismo de montaña, como poden ser; Toni Ferreiro, Rubén Rodriguez, Edgar Carballo, Antonio Perez, e un sin fin de corredores con moi alto nivel dentro do panorama nacional de Enduro e Descenso. Para os que queirades ver as clasificacións ir a Magma Sports & Timing.

  E aproveitando este evento, en ollowerk temos que celebrar que superamos nestes días as 20.000 visitas. Algo que sempre é importante. E para os que estabades esperando, xa están dispoñibles todas as fotos. Para ir as galerías dos tramos podedes facer clic EIQUI ou na foto que os leva a galería da foto.

Un saúdo,

ollowerk

 


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...