Fotos Cto. de España Enduro Mtb 2015, Porriño

October 11, 2015  •  Dejar un comentario

Foto Campeonato de España Enduro Btt 2015 _MG_4525 Dorsal3Foto Campeonato de España Enduro Btt 2015 _MG_4525 Dorsal3Foto Cto. de españa enduro mtb

  ¿Cómo podemos comezar esta publicación? Pois supoño que sinalando o que aconteceu, meteorolóxicamente falando, durante a celebración de este evento. As previsións eran de chuvia, pero nada parecido o que alí vivimos os que competiron na proba ou os que nos achegamos a facer fotos ou simplemente disfrutar do espectáculo nun entorno como son os montes da Risca e arredores de Porriño. Cando xa levábamos un rato facendo fotos no Tramo 1 (O Salgeuirón), Comezou a soplar o vento como se Eolo espirrara enriba de nos. Eu persoalmente non fixen os deberes e non prevín o que estaba a acontecer. Resultado: A cámara de fotos, despois de rematar o Tc1, colapsou. Auga fora, auga dentro, auga nos calzóns. O vento que chegou a superar de longo os 100km/h. facía que calquera tentativa de protexerse fora inutil. Paraguas roto... Pero así como foi de forte o temporal, tamén pasou veloz e deixou a posibilidade de disfrutar dos derradeiros tramos, incluso con calor e Sol. ¡Maravillas da meteoroloxía! Pero demasiado tarde para o meu equipo fotográfico. Non voltou a recuperar a consciencia ata o día seguinte, despois dunha cura de varias horas con todo o equipo desmontado, e deixando que o aire seco fixera o seu labor, con moita calma. Que para estos casos é o mellor. Nada de secadores de pelo, nin nada que se lle pareza. Despois de isto, pois so quedou descargar as fotos e facer o propio nestes casos.

  Este espectacular Cto. de España Enduro Mtb 2015, organizado por Single Track Outdoor Sports, e coa colaboración de Marcisport foi cronometrado pola empresa Magma Sport & Timing. En canto o resultado da proba podedes consultalo en esta páxina ou na FEC.

 Para ver as fotos facer clic na foto ou EIQUÍ.

Un saúdo.

 Ollowerk


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...