Fotos nocturnas en Trevinca, Marzo 2014

March 20, 2014  •  Dejar un comentario

    Os días 8 e 9 de Marzo, nos achegamos a Trevinca un grupiño moi xeitoso de xente de Montañeiros Celtas para disfrutar da montaña en todo o seu explendor. Neste caso nos aloxamos en O Trisquel onde os nosos amigos Marcos e Cholo sempre nos acollen como grandes anfitrións que son. Estes dous días as condicións meteorolóxicas foron un tanto inusuais para estas datas do ano, con temperaturas moi cálidas polo día, e incluso pola noite onde nunca se achegaron os 0 grados centígrados, estando sempre por enriba. E aproveitando a ocasión pois voltamos a facer fotos nocturnas nun lugar moi peculiar. Unha planicie do macizo onde afloran uns bonitos penedos graníticos. O macizo de P. Trevinca é un lugar moi adecuado para a fotografía nocturna. En parte polo alonxadas que están as poboacións, e as poucas que hai son moi pequenas. A parte de este dato tamén temos a circunstancia de que conta con zonas de máis de 2000m de altitude polo que os ceos, cando as circunstancias meteorolóxicas son as axeitadas, é moi limpo e ten moi boa claridade para captar as estrelas en todo o seu explendor. Neste caso a Lúa tamén estaba presente polo que era moi dificil expoñer adecuadamente. A foto que vemos enriba é unha fusión de máis de 500 fotos tomadas en raw, para logo procesalas e compoñer cunha exposición feita para a parte do chan onde Pit debeu estar moi quedo durante o tempo que estivo aberto o obturador. Na galería se poden ver algunhas fotos dese día e outras anteriores. Algunha moi interesante, como unha foto de ¡máis de 30mins de exposición! Ata agora non voltei a tentar algo así. Bueno, non me lio máis e os deixo co enlace as galerías das fotos EIQUÏ 

 Un saudiño,

  ollowerk


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...