Fotos da Vigo Bike Contest 2014

March 04, 2014  •  Dejar un comentario

    Vigo Bike Contest 2014_MG_0240 Dorsal2Vigo Bike Contest 2014_MG_0240 Dorsal2

    Xa está eiquí, un ano mais, a Vigo Bike Contest. E como non, ata alí nos achegamos para loitar novamente contra as inclememcias meteorolóxicas e tratar de captar as imaxes dos participantes, neste un pouco mais duro se cabe Enduro de Coruxo. Un clásico que fai dos que ata alí se achegan uns gladiadores do gran circo natural que é o Monte de Coruxo. Desafiar un terreo hostil, e uns deuses que non paran de enviar borrascas dende o Atlántico Norte, é toda unha osadía. Pero así se forxan as lendas e as grandes hostorias deportivas. Os que ata alí se achegaron, poden decir: -¡Eu estiven alí, participando! E aínda que non son 300 espartanos, si que foron mais de 200 os participantes nesta gran proba de resistencia e habilidade contra o crono, e de iso se encargaron Magma Sports & Timing. E se queres mais información da proba ou do MTB en xeral podes ir a MBIKE Tv.

  Nesta ocasión contamos con Nando Bares, Ziggy Action como fotógrafo nalgún dos tramos do Enduro. Aínda que o seu é mais o surf e os deportes urbáns, seguro que seguiremos contando con él para mais traballos fotográficos. E tempo o tempo, pero nos da a impresión de que pronto nos sacará as cores co seu particular estilo. Dende eiquí todo o noso recoñecemento e agradecemento por aceptar a nosa proposición.

    Se participaches, seguro que nalgún tramo te fotografiamos, así que ou fas clic na foto para acceder a galería da mesma ou EIQUI para ir a todas as galerías dos tramos. E lembra que podes buscar todas as tuas fotos co buscador (search) poñendo vigo bike contest 2014 dorsalN sen ceros a esquerda nin espacios. 

   Un saudo,

ollowerk  

 

 

 


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...