Xogando co mar, Xaneiro 2014

January 20, 2014  •  Dejar un comentario

 

Foto en O Portiño Saiáns_18Jan2014_6298Foto en O Portiño Saiáns_18Jan2014_6298

    Parece que estamos nun bucle sin fin de borrascas, ciclogénesis e demáis fenómenos meteorolóxicos adversos. Agora xa co Inverno de pleno dando caña, temos que engadir o frío. Pero nunca debemos desistir a hora de sair de casa para practicar o deporte que nos gusta o ir a fotografiar. Aínda así, sempre debemos tomar as debidas precaucións, para non ter sustos. Que nos pode caer algunha rama na cabeza, ou se estás preto do mar, que algunha onda nos poña pingando, etc.

 Pero neste caso, o día non era ciclogenético explosivo nin nada parecido. Era un día de Inverno, con chuvascos, algo de vento e un pouco de frio. E decidín dar unha volta no coche para ver que podiamos atopar. E de paso coller auga natural e mineral. Dalgunha das fontes que hai nos montes que temos tan preto e que tan boa auga dan sin necesidade de meter moedas, que a todo chegaremos. E a poder ser, sen envasar por empresas de suministro de líquido indispensable para a vida na terra. Eu quero montar unha empresa de auga, mercar botellas, enchelas con auga (que nin teño que fabricar nin pagar a un inxenieiro para que a diseñe), e logo decir que é boísima e a vendela ¡que son dous días!

 Bueno estoume a enroscar como se me deran con un parafuso. O caso foi que estiven a xogar coa auga en movemento que se atopa a mares nas costas galegas, pena de non se poder beber... E como ía decindo, adiqueime a facerlle fotos, mentres ela trataba de salpicarme, se viña do mar, e de mollarme vía chuvascos ocasionais, se viña do ceo. Resultado; unhas fotos un tanto abstractas e que simplemente teñen ese toque de cor, contraste e movemento, que se lle pode dar xogando coa velocidade de exposición.

  Para ver as fotos so tedes que facer clic na foto ou ir a galería eiquí

Un saudo,

ollowerk


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...