Fotos montaña invernal en Pena Trevinca Decembro 2013

January 02, 2014  •  Dejar un comentario

  Un fin de semán moi interesante disfrutando da montaña invernal con xente do Club M. Celtas e os nosos anfitrións do Trisquel. Dous días nos que a neve foi a protagonista en Vilanova, e mais concretamente na casa rural O Trisquel. Dende ahí fixemos a ascensión a Pena Trevinca 2127m. nunhas condicións excepcionais de neve, aínda que nas primeiras horas as nubes non nos deixaban ver o Sol, mentres subíamos pola pista que leva ata case a cima do Maluro 1934m. Pronto comezamos a superar a linea de nubes e conseguimos pasar o Lombo Roncín coas boas vistas do Val de Meladas e Xares. O chegar a parte alta do Sestil a neve estaba bastante mais dura e se camiñaba mellor. Logo baixamos un pouco o nacemento do río Xares, alí a neve acumulada facía un pouco mais dificil camiñar, pero en calqueira caso non fixeron falta os crampóns, pero algúns si sacamos o piolet nas zonas de mais pendente e expostas as caidas. Dende eiquí recomendamos levar sempre o equipo listo para non ter sorpresas na ascensión, xa que aínda que non é perigosa en condicións normais, si que temos a posibilidade de atopar xeo e incluso xeo cuberto por unha fina película de neve que nos fai confiarnos. Por iso, o piolet e os crampóns sempre son uns compañeiros inseparables na montaña invernal. Logo se non os utilizamos mellor. Pero no noso caso podemos decir que xa non é a primeira vez que confiados pola falta de neve, subimos e o chegar os derradeiros 100m da ascensión nos atopamos cunha placa de xeo duro e cristalino que nin a catro patas consigues subir. E claro, ¡te quedas cunha cara de parvo...!

 Para descargar a ruta facer clic eiquí.

 Para ver as fotos facer click eiquí ou na foto.

 Un saudo,

ollowerk.es


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...