Fotos O Marisquiño XIII

August 23, 2013  •  Dejar un comentario

Foto O Marisquiño_11Aug2013_1793

   É a primeira vez que fotografiamos nun evento de semellante magnitude; 3 días e unha infinidade de deportes e manifestacións de cultura urbana... Sería imposible resumir en verbas, e incluso con imaxes, este acontecemento que xa vai pola XIII edicción. A magnitude de xente e participantes que veñen dende lugares tan distantes como Rusia, EEUU ou Xapón, enche un lugar que en outros momentos sería un deserto de pedra (se cadra con algún xardín xa existente dende moito tempo atrás). Pero neste caso o espacio se enche de cor, luces, música, eventos, deportes, culturas, xuventude... Canto máis cabe neste acontecemento que xa rematou pero que tan pronto remata xa se fala do seguinte. E temos a esperanza e o profundo desexo que sexa un referente mundial da cultura Urbán e todo o que elo conleva. E creo que é de interés de todos os que alí disfrutamos, que este acontecemento que xe se convertiu nunha estación mais de ano, e unida o Verán se anhela a sua chegada como auga de Maio. Para mais información podedes acceder a páxina de O Marisquiño onde teredes toda a información que poidades precisar. Eiquí os deixamos as fotos que poidemos facer aproveitando o permiso que O Marisquiño lle concedeu os participantes no taller de fotografía organizado pola AFG e impartido polo fotógrafo Jose Carlos Álvarez o cal temos que agradecer a realización do curso.

  Para ver as fotos de O Marisquiño facer clic en ollowerk.es

  Un saudo, 

 


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...