Cálida noite de Estrelas en boa compaña

July 03, 2013  •  Dejar un comentario

   Este pasado fin de semán estiveron unhas das noites mais cálidas que puidemos disfrutar este ano. Tanto foi así que ollowerk se achegou en moi boa compaña a facer algunhas fotos nocturnas dende Monteferro. O mar estaba moi calmo e facía posible achegarse a él sen temer moito polo equipo e por un mesmo. Así a todo, as rochas de este monte teñen moito perigo.

  Despois de buscar algunha posición que permitira poñer o trípode de maneira segura, deixamos as cámaras facendo o seu traballo e nos tumbamos sobre as rochas mais cómodas, e quentes por estar expostas o Sol todo o día. Alí ollando o ceo nos adicamos a conversas transendentais sobre o universo e as preciosas estrelas. E no medio de elas, estelas de avións, satélites e de cando en cando unha maravillosa estrela fugaz, como a que conseguimos captar nalgunha fotografía. Despois de un bo rato, e xa vendo que as temperaturas comezaban a baixar, recollemos o material e comezamos a subir polos cantís, pero nesta ocasión so un de nos levaba luz para iluminar o dificil camiño. Un erro imperdoable, pero que non tivo mais consecuencia que a de ter que desplazarse todos xuntos e despacio.

  En definitiva, unha tarde-noite preciosa que deu bastante de sí. E de ela sacamos a conclusión de que temos que voltar para percorrer eses espectaculares cantís, xa sexa para fotografíar como para facer unha divertida ruta de trepes e destrepes.

Os deixamos o enlace as fotos nocturnas de esa noite: ollowerk

   Un saudo e ata outra...

 


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...