Fotos Trail Serra da Groba 2013, 2 de Outubro 2013

November 03, 2013  •  Dejar un comentario

  Esta é a primeira vez que nos achegamos a facer fotos a un Trail de montaña (45kms.), neste caso o Trans Serra da Groba. E bueno, foi unha mañán moi interesante. Unha por ver como funciona este tipo de proba deportiva. Outra, por atoparnos con xente que xa facía tempo que non veía. O problema, coma sempre nas competicións é que non tes tempo para falar, por ambalas duas partes claro. A parte de que as veces pasas pola xente e parece que os coñeces, pero co disfraz (tanto do participante como un mesmo) pois te quedas cunha extraña sensación: -Sería ou non sería...

  A todo isto as previsións eran horribles meteorolóxicamente falando. Pero cando eran as 8:00 da mañá a chuvia e o vento deron unha tregua e a proba puido comezar as 8:30 con unha certa tranquilidade. Pero todo era un espellismo (e non falamos do típico do deserto precisamente). Cando chegaban o avituallamento de Chan da Lagoa a nevoa e a chuvia xe voltaran e ista vez para non irse ata o remate da proba. De feito no avituallamento líquido do Km. 28 as cousas se tornaron se cabe mais duras cun forte vendaval acompañado de moita chivia. So hai que ver as fotos para percatarse do que acontecía. E así rematou a xornada fotógrafica. Non houbo moitas mais fotos porque o equipo tampouco podía ser alleo as condicións adversas, con problemas de auga por todolos lados, e o típico empañamento do filtro protector debido a imensa humidade do día. Xa un mesmo estaba pingando, e cada vez que entrabamos no coche, o mesmo seconvertía nunha sauna. Outro momento non moi grato para o equipo fotográfico.

  E se me esquence decir que gracias a Xose Luís, que accedeu a acompañarme os diferentes puntos de paso dos corredores, pois o día se fixo mais agradable coa sua compaña e conversa. Pero no derradeiro avituallamento decidiu coller e seguir a proba correndo ata meta, ¡un fenómeno!. Vaia como seu irmán que estaba a competir na proba.

  Para acceder as fotos da proba facer clic na foto ou no enlace ollowerk.es

  Saudos,

  ollowerk


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...