Fotos nocturnas no Galiñeiro (Parte I) 24 de Novembro 2013

November 26, 2013  •  Dejar un comentario

  Esta é unha parte das fotos que fixen fai dous días na cima do Monte Galiñeiro de 711m. Neste caso son 285 fotos tomadas durante 2horas para logo no ordenador procesalas. O caso é que leva un tempo increible facer as estelas de estrelas. Sempre coa colaboración de algún programa, ou plugin que se preste a tal cometido. De todas maneiras, nunca remata ahí o traballo e logo queda o traballo manual de eliminar imperfeccións, etc. Coma sempre están as diferentes fotos, dende unha foto orixinal das 285, ata diferentes opcións finais com máis ou menos procesado. A min partcularmente a que mais me agrada é na que saio eu sentado nu cumio (si,si son eu o que está no cumio e que se ve pequerrechiño). Foi dificil chegar alí con toda a ventoleira e de noite. Logo estar sentado quedo durante todo o tempo de exposición, tampouco se fixo facil. Bueno, agora deciros o mais gracioso: Me quedan 521 fotos por procesar dunha "exposición" de 4horas cun 14mm. Creo que pode sair algo bastante interesante, pero iso me vai levar algo de tempo mais.

 Un saudo,

ollowerk 

 

 


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...