Destello Verde 30 de Outubro 2013

October 31, 2013  •  Dejar un comentario

   Onte tiven a oportunidade de facer unhas fotos da posta de Sol. As cores preciosas, nunca hai duas Posta de Sol iguais. Pero neste caso conseguín recoller o peculiar "Destello Verde". Gustaríame ter un teleobxetivo mais longo se cabe, para alcanzar a ver con mais detalle un fenómeno tan efímero. Xa que por unha fracción de segundo podes conseguir fotografialo con mais ou menos claridade. Para ver a secuencia coas fotos da Posta de Sol facer clic na foto ou no enlace; ollowerk Posta de Sol.

     Como a tarde estaba moi agradable decidín quedarme para facer unhas fotos nocturnas. Pero estas non quedaron moi aló, xa que as nubes chegaron antes do que pensaba e entorpeceron a  vista con claridade das estelas de estrelas. De feito puxen tres fotos para mostrar como tiven que fusionar as diferentes fotos para conseguir as estelas. Sempre que se fan estelas de estrelas tan preto da contaminación lumínica das poboacións é mais facil facer exposiciones curtas e logo fusionalas con software no ordenador. Se queres ver as diferentes fases das fotos nocturnas podes facer clic en ollowerk nocturnas en Coruxo.

  Un saudo,

ollowerk  

 

 

 

 


Comentarios

No hay comentarios publicados.
Cargando...