Fotos Enduro Big Ride Tui-Valença (Eurocidade) 2016

May 20, 2016  •  Dejar un comentario

  Big Ride Tui 2016 DORSAL_XAN7999Big Ride Tui 2016 DORSAL_XAN7999

  Próximamente teremos as fotos do Enduro Big Ride (Eurocidade). Proba do Open de España de Enduro Btt que se celebra nas cidades de Tui e Valença, sendo unha proba que se disputa entre Portugal e España. Polo de agora os deixamos con algunhas realizadas nos adestramentos libres. Fotos de ©Xan Seoane.

 Un saúdo.

 ollowerk.es


30000 visitas e 50000 fotos

May 11, 2016  •  Dejar un comentario

  Enduro Cannondale Xtrembike A Cañiza 2016 DORSAL96_XAN7661Enduro Cannondale Xtrembike A Cañiza 2016 DORSAL96_XAN7661

  ¡Acabamos de pasar das 30.000 visitas e estamos preto de rebasar a friolera cifra de 50.000 fotos! E creemos que isto é un bo motivo de celebración. Pero polo de ágora non temos moito tempo para embarcarnos en novos proxectos e melloras (ideas si temos moitas). Pero deixemos que o tempo obre a sua maxia.

  O que si temos é un novo colaborador dentro de ollowerk.es É Xan Seoane, que xa estivo facendo fotos en algunha proba e seguro que será un placer traballar con él. Botamos de menos a outro dos colaboradores; Nando Bares, pero agora está demasiado ocupado os fins de semán como para estar con nos. De todas maneras, él sabe que sempre terá a porta aberta en ollowerk e será moi ben recibido.

 Bueno dito isto, so decir que temos fotos novas da Big Ride de Ojen e outro Enduro celebrado en A Cañiza.

 Un saúdo.

 ollowerk.es


Fotos Enduro Vigo Bike Contest 2016

April 03, 2016  •  Dejar un comentario

Foto Vigo Bike Contest 060316_MG_6540 Dorsal5Foto Vigo Bike Contest 060316_MG_6540 Dorsal5

  Bueno, depois de algún tempo xa conseguimos ter todas as fotos de esta proba. Disculparnos ante os que estabades esperando por elas, que algún xa nos preguntou cuándo as iamos ter listas, e case nos sacades as cores, de tanto tempo que pasou dende que se celebrou esta proba de Enduro en Coruxo. Un clásico do calendario. Para ir as fotos coma sempre, ou indo a páxina ou fecendo clic na foto ou en ollowerk.es. Nos vemos en outra.

 Un saudiño.

 ollowerk.es   


Fotos Toyota Ibericar Auto Enduro MTB 2016

February 25, 2016  •  Dejar un comentario

OPEN ENDURO MTB XTREMBIKE CANNONDALE - II TOYOTA IBERICARAUTO PONTEAREAS DSC00577OPEN ENDURO MTB XTREMBIKE CANNONDALE - II TOYOTA IBERICARAUTO PONTEAREAS DSC00577OPEN ENDURO MTB XTREMBIKE CANNONDALE - II TOYOTA IBERICARAUTO PONTEAREAS

   Xa estamos subindo todas as fotos de esta proba de Enduro Btt celebrada no monte da Picaraña. Lugar emblemático de Ponteareas no que se poden atopar lugares moi pintorescos, como os impresionantes penedos graníticos tan característicos de esta zona. Esta proba foi organizada por Extremebike Eventos e cronometrado pola empresa Magma Sports & Timing. Xa é a segunda proba de Enduro organizada por Extremebike e se afianza no calendario galego de esta modalidade de btt. Tanto o percorrido, como a organización cumpriron todas as espectativas. Este ano case chegan os 200 participantes, case 50 mais que o ano 2015.  

 Saudos,

  ollowerk.es


Fotos Cto. de España Enduro Mtb 2015, Porriño

October 11, 2015  •  Dejar un comentario

Foto Campeonato de España Enduro Btt 2015 _MG_4525 Dorsal3Foto Campeonato de España Enduro Btt 2015 _MG_4525 Dorsal3Foto Cto. de españa enduro mtb

  ¿Cómo podemos comezar esta publicación? Pois supoño que sinalando o que aconteceu, meteorolóxicamente falando, durante a celebración de este evento. As previsións eran de chuvia, pero nada parecido o que alí vivimos os que competiron na proba ou os que nos achegamos a facer fotos ou simplemente disfrutar do espectáculo nun entorno como son os montes da Risca e arredores de Porriño. Cando xa levábamos un rato facendo fotos no Tramo 1 (O Salgeuirón), Comezou a soplar o vento como se Eolo espirrara enriba de nos. Eu persoalmente non fixen os deberes e non prevín o que estaba a acontecer. Resultado: A cámara de fotos, despois de rematar o Tc1, colapsou. Auga fora, auga dentro, auga nos calzóns. O vento que chegou a superar de longo os 100km/h. facía que calquera tentativa de protexerse fora inutil. Paraguas roto... Pero así como foi de forte o temporal, tamén pasou veloz e deixou a posibilidade de disfrutar dos derradeiros tramos, incluso con calor e Sol. ¡Maravillas da meteoroloxía! Pero demasiado tarde para o meu equipo fotográfico. Non voltou a recuperar a consciencia ata o día seguinte, despois dunha cura de varias horas con todo o equipo desmontado, e deixando que o aire seco fixera o seu labor, con moita calma. Que para estos casos é o mellor. Nada de secadores de pelo, nin nada que se lle pareza. Despois de isto, pois so quedou descargar as fotos e facer o propio nestes casos.

  Este espectacular Cto. de España Enduro Mtb 2015, organizado por Single Track Outdoor Sports, e coa colaboración de Marcisport foi cronometrado pola empresa Magma Sport & Timing. En canto o resultado da proba podedes consultalo en esta páxina ou na FEC.

 Para ver as fotos facer clic na foto ou EIQUÍ.

Un saúdo.

 Ollowerk